A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo (PP), e a tenente de alcalde de Pazos de Borbén, Eloísa Nogueira (PP), presentaron en FITUR a nova campaña do xeodestino acompañadas pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e outros alcaldes e representantes da Xunta. Con 8 plans e 96 recursos xa a disposición do público, este ano Ría de Vigo e Baixo Miño “centrarase no Camiño de Santiago, a enogastronomía e a sostibilidade”.