O concelleiro de Converxencia 21, José Palacín, ven de solicitar por rexistro de entrada que o Goberno Local xestione o cambio dunha sinal turística que representa a Catedral de Tui. Dita sinalización atópase absolutamente deteriorada porque o debuxo do monumento presenta un desgaste de cor que non permite discernir a imaxe, o cal da unha sensación de desleixo e falta de sensibilidade pola promoción turística.
Do mesmo modo, os liberais piden o cambio da sinal, xa de competencia municipal, que indica o nome da parroquia de Rebordáns e que se atopa no cruce entre a mesma N-550 e a propia estrada a Rebordáns.