Carmela Silva: “Imos a por todas, queremos que a xente mire cara nós, sorprendela, que desexe vir á provincia a vivir a Orixe, unha homenaxe ás nosas xentes, á nosa historia, a todo aquilo que fomos capaces de construír para ser unha sociedade avanzada, auténtica e única”
A Deputación contará por vez primeira cun stand promocional en Fitur Screen, con Pontevedra Provincia Film Comission, e presentará o proxecto de turismo deportivo no I Fitur Sport
A institución terá tamén presenza na Gala Q de Calidade, onde o Museo de Pontevedra recollerá o primeiro distintivo Q que se concede a un museo en Galicia