Ecoloxistas en Acción alerta de que a concentración máxima reflictida nas mostraxes da Confederación Hidrográfica Miño-Sil alcanzan valores de 29,48 µg/l cando o limiar por afección á saúde marcado por lei é de 0,04 µg/l. A organización ecoloxista critica a pasividade do goberno do Porriño fronte a este “desastre ambiental e de saúde pública”.