Redacción 25/05/2021

Xunto con esta proposta, o BNG levará ao debate o asunto da enerxía eólica, e pedirálle aos demais grupos o apoio para demandar á Xunta “un novo plan” que poña o foco na sustentabilidade ecolóxica e o consenso social.

 

O grupo municipal do BNG levará ao pleno municipal que se celebrará o vindeiro mércores, 26 de maio, unha moción coa que persegue o apoio de toda a corporación para mostrar a rotunda oposición do Concello do Porriño ante a intención do goberno central de establecer peaxes nas autovías galegas de titularidade estatal. Considerámola unha medida regresiva que produciría un impacto negativo para as propias persoas usuarias das autovías, para a seguridade viaria e para a competitividade das nosas empresas. Un novo atranco para o desenvolvemento económico e a cohesión social de Galiza, máxime coa situación de aldraxe que continuamos a padecer na autoestrada AP9. Unha nova discriminación co noso país en materia de infraestruturas por parte dun estado que non ten problema á hora de rescatar ruinosas autoestradas como o caso das radiais madrileñas. Ao mesmo tempo, na moción presentada tamén queremos instar á Xunta de Galiza á redución e paulatina eliminación das peaxes da AG55 e AG57, de titularidade galega.

O BNG tamén vai presentar no pleno unha moción en defensa dun modelo de enerxía eólica sustentábel, xusta e galega. Galiza está a sufrir un boom eólico sen precedentes, esta expansión eólica está a desenvolvese sen unha adecuada planificación e control público e sen garantías para a participación social, a salvagarda do patrimonio natural e dos usos sociais e económicos do noso territorio. Este desenvolvemento que podería parecer positivo, estase a dar de forma abrupta, sen consenso coa sociedade dos lugares afectados e en moitos casos a través dunha fraudulenta fragmentación dos proxectos para ocultar o seu verdadeiro impacto. Estamos ante un modelo espoliador e depredador deseñado ás nosas costas e ao servizo das grandes empresas.

O Bloque proporá ao pleno demandar da Xunta un novo Plan Sectorial Eólico que conte cunha ampla participación dos axentes implicados e cun amplo proceso de exposición pública co fin de suscitar o maior consenso posíbel. Pretendemos garantir a socialización dos beneficios e o retorno económico apostando por unha empresa pública galega de enerxía que favoreza a participación da Xunta e dos concellos así como das persoas propietarias das terras. Defendemos que as autorizacións de novos parques eólicos deban estar vinculadas con proxectos industriais que xeren riqueza no país. Por último queremos incrementar a vixilancia sobre as garantías medio ambientais e asegurar o principio de prevalencia da protección ambiental sobre a ordenación territorial e urbanística. Como medida de prevención, solicitase a paralización cautelar dos proxectos de todos os parques eólicos, en proxecto ou en tramitación, que estean incluídos dentro de áreas propostas para a ampliación da Rede Natura e non autorizar novos parques que estexan situados nestas zonas.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad