Os PSdeG-PSOE denuncia que a Administración Autonómica volta esquecer novamente ás necesidades reais dos veciños mirando cara outro lado sen contemplar as demandas en saúde, seguridade, educación ou saneamento presentadas polos socialistas
O Secretario Xeral Socialista da agrupación municipal de O Porriño, David Alonso, expresa a súa indignación ante a continua inacción da Xunta de Galicia en relación a varias cuestións fundamentais para o benestar da cidadanía; pois “a falta de compromiso nos orzamentos de 2025, pon en risco proxectos cruciais como a mellora do servizo sanitario no PAC ou o soterramento da vía do tren, sen mencionar outras demandas vitais da veciñanza que seguen sen atenderse”.
– Sanidade: Urxencia non atendida
Os Socialistas denunciamos a grave falta de recursos no centro de saúde local, onde non se cubre a praza de médico de atención primaria, nin se dota dunha ambulancia medicalizada. Ademais, da responsabilidade da Unidade de Asistencia a Drogodependentes (UAD), que debía ser asumida polo SERGAS a principios de 2024, segue recaendo no Concello, xerando un grave problema financeiro e operativo.
– Soterramento da vía do tren: Proxecto paralizado
Os socialistas creemos firmemente que o proxecto de soterramento da vía do tren, clave para a seguridade e o desenvolvemento urbano, está bloqueado pola falta de financiación por parte da Xunta e da Deputación, que deben cofinanciar 10 M€ adicionais. A pesar de que o goberno central xa comprometeu 28 M€, a inacción da Xunta está paralizando unha obra vital para o Concello, priorizando na vila o pago das actuacións da orquesta Panorama e Charangas que parece ser é o que verdadeiramente importa, como é o caso do soterramento.
Outras enmendas de competencias non atendidas nos orzamentos de 2025
Ademais destes temas prioritarios,Os socialistas presentamos unha serie de enmendas para mellorar diferentes áreas, que tamén quedaron excluídas dos orzamentos da Xunta foron a mellora da senda peonil no Camiño de Santiago (Polígono As Gándaras); mellora dos accesos aos polígonos industriais PPI-7 e PPI-6; reforma Colexio Xosé Fernández López; saneamento; cobertura da praza de médico de atención primaria e dotación dunha nova ambulancia medicalizada; construción dun Centro de Día e Residencia de Maiores; construción de vivenda pública; carril bici na estrada Porriño-Gondomar; instalación dunha cuberta e mellora da marquesina no Pino Manso; creación dunha nova Galiña Azul; dotación de praza de Pedagoxía Terapéutica no Colexio Fernández López; rehabilitación do vertedoiro de Cataboi (Atios); mellora do transporte público e accesibilidade nos servizos de bus; construción dunha nova estación de autobuses e acondicionamento da senda peonil na estrada autonómica O Porriño-Salceda de Caselas, dende o Colexio ata o Barrio da Cruz.
David Alonso remata esixíndolle á Xunta “que cumpra coas súas obrigas e asuma o financiamento e a responsabilidade nos proxectos clave para o municipio. Non podemos permitir que a saúde, seguridade, educación, saneamento e o futuro de O Porriño sigan comprometidos, pola carencia de inversións e de compromiso, por parte da Administración Autonómica”.