Sthela Táboas 13/11/2024

O vindeiro sábado 30 de novembro ás 20 horas no Cine Salesianos de Vigo, grazas á colaboración do Concello de Vigo que destaca o papel da música na formación dos cidadáns

Da man do concelleiro de Cultura, Gorka Gómez, Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo Kv2211 presentou a nova tempada 2024/2025 que conta coa colaboración do Concello de Vigo; un convenio de colaboración que o propio concelleiro destacou que é moi importante porque, ademais da oferta cultural, serve para formar músicos. “A través da cultura e da educación estamos formando ás persoas do futuro, ainda máis importante se cabe na actual sociedade, e hai poucas cosas máis instructivas e formativas que a música”.

O concelleiro agradeceu o esforzo da Kv2211 “por chegar a música a todos os recunchos da cidade. Estamos cambiando a forma de facer as cousas, no senso de achegar a musica e a cultura a todas as parroquias da cidade”. Gorka Gómez animou á xente que non acudiu a ningún concerto da Kv2211 a ir porque “eu, que fun a varios, quedei asombrado do nivel que teñen”.

Amancio Fernández, tesoureiro da Asociación Kv2211 e portavoz da mesma, perfilou a tempada que da comezo o sábado 30 de novembro ás 20 horas, cun concerto novedoso adicado á música cubana e que estará dirixido polo compositor e mestre cubano Guido López-Gavilán. Este primer concerto, baixo o título “Saudade de Cuba”, celébrase no teatro do Cine Salesianos de Vigo, “xa que queremos darlle un maior impulso”, matizou.

José Manuel Fernández, director da Orquestra Xuvenil Kv2211, puso en valor o vindeiro concerto “Saudade de Cuba” por ser una experiencia formativa diferente, difícil e moi interesante para os mozos e mozas da Orquestra. “A música cubana é una mestura, e produto da transculturación da música de diversas orixes” e Guido López-Gavilán é un compositor e mestre moi relevante “que elevou a música tradicional cubana á música orquestral”. Neste senso,

O director da Orquestra Xuvenil explicou que “a música cubana é moi complicada porque é moi sincopada e para os mozos e mozas da Orquestra Xuvenil é un reto adaptar os ritmos aos que están afeitos a estos ritmos sincopados. Este concerto é unha masterclass e realmente están facendo un gran esforzo. Xa é un éxito dende o punto de vista formativo”, sentenciou.

Amancio Fernández, engadiu que a programación da Orquestra Kv2211 busca potenciar as datas máis relevantes para a cidade, como o Nadal e a Reconquista. “E temos un empeño especial que é difundir a música clásica polas parroquias viguesas, que ten moito éxito nas mesmas; un ciclo no que se involucran os centros culturais das mesmas”. E agradeceu ao Concello de Vigo a súa implicación xa que esta programación formativa e cultural “sería case irrealizable sen a participación e colaboración do Concello de Vigo”.

Vindeiras datas

Todos os concertos da Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo, Kv2211, son gratuitos. Ademáis do concerto “Saudade de Cuba”, con entrada inversa -isto é, entrada gratuita e ao sair quen poda e queira pode deixar a súa aportación–, as vindeiras datas serán:

  • Concerto de Nadal, o domingo 22 de decembro ás 12 horas no Auditorio do Concello de Vigo.
  • Concerto de Aninovo, o sábado 11 de xaneiro ás 19 horas no Centro Cultural de Beade.
  • Concerto “Música para unha Reconquista”, como xa é tradicional na Basílica de Santa María de Vigo, e coma apertura ás festas da Reconquista de Vigo no mes de marzo.
  • Concerto de Verán, o venres 20 de xuño ás 20 horas no Auditorio do Concello de Vigo.
  • Concerto “Música clásica polas parroquias”, no mes de outubro en datas por determinar.

Acerca da Orquestra

A Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo Kv2211 constituíuse no ano 2017 e actualmente está formada por máis de 60 músicos de corda, percusión e piano de Vigo, Tui, O Porriño, Nigrán, Baiona, Gondomar, Santiago de Compostela, Mos e Ourense. Ademáis da Orquestra Xuvenil, dirixida por José Manuel Fernández, e a Orquestra Infantil, por Raquel Fernández, conta con Ensemble de Cordas, formado por músicos da Orquestra Xuvenil, o Ensemble de Chelos, baixo a dirección de Miriam Fernández que integra a todos os chelistas das dúas orquestas, e o Coro de País, Nais e Amigos e Amigas da Kv2211 que participan, ocasionalmente nos concertos.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad