Redacción 03/07/2023

A Asociación de Persoas con Discapacidade das Comarcas do Condado e Paradanta inicia este proxecto cofinanciado pola Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7% do IRPF da declaración da renda, xestionado dende COGAMI a través do Programa de Atención Integral para Persoas con Discapacidade

Nos últimos anos Adapta ven de poñer en marcha diferentes actividades e servizos dirixidos o colectivo das persoas con discapacidade para tratar de dar resposta a falta de recursos específicos na zona dirixidos as persoas con discapacidade.

Concretamente o Programa de Atención Integral a Persoas con Discapacidade esta integrado por diferentes actividades como é o servizo de fisioterapia, e os obradoiros de expresión artística, estimulación cognitiva e apoio pedagóxico, nos que xa foron atendidas no que vai de ano mais de vinte persoas con discapacidade dos diferentes concellos que forman as comarcas do Condado e Paradanta.

O programa de Atención Integral para Persoas con Discapacidade é posible grazas á convocatoria de subvencións destinas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF da declaración da renda da Xunta de Galicia e está xestionado por COGAMI. A través desta convocatoria subvencionáronse parte dos custes salariais das persoas traballadoras encargadas de realizar as diferentes actividades.

A Asociación Adapta é unha entidade de iniciativa social que carece de animo de lucro e que ten como misión conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade en tódolos ámbitos da sociedade, a través da defensa e promoción dos seus dereitos, reivindicación do cambio social e da prestación de servizos que satisfagan as súas necesidades e expectativas.

Para máis información, previa cita nos tlfs de contacto 986.916.012 e 662.947.289, Adapta atópase no Barrio de Canedo s/n, no baixo do Centro Asprodico en Ponteareas; con horario de atención ao público de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 h e os luns e mércores tamén de 17:00 a 19:00 h.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad