Redacción 12/06/2023

Conta con 8 accións formativas integradas nas especialidades de albanelería e carpintería de madeira, das que 6 ofrecen o certificado de profesionalidade completo

A concellería de Emprego e Formación do Concello de Salceda de Caselas,  ven de solicitar  á Xunta de Galicia o obradoiro dual de emprego “Reformas e Melloras de Centros Formativos e Cívicos 2023”, a través da convocatoria correspondente a este ano 2023.

Este obradoiro dual de emprego solicítase como programa mixto de formación e emprego que, promovido polo concello de Salceda, esta orientado a mellorar a ocupación de persoas desempregadas de 18 ou máis anos de idade. No mesmo alternarase a mellora da cualificación das persoas participantes e a adquisición de experiencia laboral para as mesmas mediante a realización de obras ou a prestación de servizos de utilidade pública ou interese social.

Dentro deste obradoiro se levarán a cabo as seguintes accións formativas e certificados de profesionalidade, todas integrados dentro das especialidades de albanelería e carpintería de madeira deseñadas para que se formen dez alumn@s traballadores en cada unha delas:

  • OPERACIÓNS AUXILIARES DE REVESTIMIENTOS CONTINUOS EN CONSTRUCIÓN (EOCB0109), (certificado de profesionalidade completo), 360 h.
  • FÁBRICAS DE ALBANELARÍA (EOCB0108), (certificado de profesionalidade completo), 410 h.
  • OPERACIÓNS AUXILIARES DE ALBANELARÍA DE FÁBRICAS E CUBERTAS (EOCB0208), (certificado de profesionalidade completo), 320 h.
  • REVESTIMENTOS CON PASTAS E MORTEIROS EN CONSTRUCIÓN (EOCB0210), (MF1938_2).
  • TRABALLOS DE CARPINTERÍA E MOBLE (MAMD0209), (certificado de profesionalidade completo).
  • MECANIZADO DE MADEIRA E DERIVADOS (MAMR0308), (certificado de profesionalidade completo).
  • APLICACIÓN DE BARNICES E LACAS EN ELEMENTOS DE CARPINTERIA E MOBLE (MAMD0109), (certificado de profesionalidade completo).
  • INSTALACIÓN DE ELEMENTOS DE CARPINTERÍA (MAMS0108), (MF 0886_2).

Estas accións formativas suman un total de 830 h teóricas que se complementarán coas 790 h de prácticas coas que contará o alumnado para poder así compaxinar traballo e formación para adquirir experiencia.

A formación práctica do obradoiro realizaría importantes labores de mellora e rehabilitación nas seguintes instalacións de titularidade municipal:

  • Antiga casa-escola da Vendanova
  • Oficina do Centro de Desenvolvemento Local de O Torrón
  • Aula 2 da parroquia de Budiño
  • Auditorio do edificio do Centro Cívico da Devesa

A subvención solicitada á Xunta de Galicia para a realización do obradoiro “Reformas e Melloras de Centros Formativos e Cívicos 2023” ascende a 531.046,20 € que cubrirían o orzamento estimado para o seu desenvolvemento e cobertura de gastos de contratación de persoal de xestión, persoal docente e de apoio, contratación e pago do alumnado traballador participante e os gastos de funcionamento e xestión. O concello de Salceda aportará ao financiamento do obradoiro unha partida orzamentaria de 5.000 €

A alcaldesa e responsable da Concellería de Formación e Emprego, Verónica Tourón explicou “A solicitude dun novo obradoiro dual de emprego para este ano 2023, supón para o concello de Salceda continuar coa posta en marcha de estratexias activas para a inserción laboral das persoas desempregadas, que ademais aportan o seu traballo e aprendizaxe para a rehabilitación e mellora de varias instalacións municipais”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad