Será hoxe 20 de abril ás 20.00 h no local da Xunta de Montes do Porriño na Gulpilleira
O BNG do Porriño convida a este encontro con comuneir@s, aberto tamén a todas aquelas persoas interesadas no medio natural.
Exporán as súas propostas en materia de xestión e conservación do monte, saneamento e abastecemento de augas ou xestión de residuos; e escoitaran as demandas das persoas asistentes.