Redacción 17/04/2023

O programa municipal que leva diferentes cursos a un total de 19 asociacións mosenses cun prezo para os participantes de 1 €/ hora subvencionando o Concello a parte restante

O Concello de Mos pon en marcha os seuscursos de Tempo de Lecer 2023 elixidos polas Asociacións nas que se impartes. Algúns dos cursos comezaron xa, pero aínda teñen prazas libres dispoñibles, tal coma se pode consultar no calendario de máis abaixo que informa dos cursos con inicio durante o presente mes de abril.

Un total de 19 asociacións mosenses participan na nova edición do programa municipal Tempo de Lecer. Os cursos do programa Tempo de Lecer están dotados de 40 h de clase.

Os obxectivos do programa municipal Tempo de Lecer son fomentar o asociacionismo na vida sociocultural e comunitaria, facilitar ás persoas de Mos a posibilidade de ocupar o seu tempo de lecer con actividades de ocio  formativas adaptadas ás súas posibilidades  económicas, promover a participación social entre as persoas que máis o precisen, proporcionar alternativas de lecer no seu medio máis próximo e fomentar o uso do tempo de lecer en equipo.

O sistema para organizar e levar a cabo este programa é o seguinte: ofértase un listado dos diversos obradoiros, diferenciados por áreas. É a asociación a que elixe nos que desexa participar. 

A data e horario dos obradoiros son elixidos polas asociacións que os solicitan, adecuándose ás súas necesidades.

Este programa está dirixido a tódolos veciñ@s maiores de 14 anos, empadroad@s no Concello de Mos ou que sexan membros dalgunha asociación inscrita neste Concello. O custo dos cursos para as persoas participantes é de 1 € por hora.

O programa Tempo de Lecer 2023 conta con diversos obradoiros que solicitaron nas asociacións. Son 19 asociacións as que solicitaron este ano participar no programa. En todo o ano teñen posibilidade de facer un total de 40 h de obradoiro. Poden facer 2 obradoiros 20 h cada un.

O custo por hora dos obradoiros é de 1 € por hora para os participantes e o Concello asume a diferenza do custo completo de cada obradoiro. As persoas que estean interesadas en participar neles deberán chamar directamente ao teléfono da asociación.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad