Redacción 06/04/2023

Os  afiliados porriñeses ao PSdeG-PSOE aprobaron por unanimidade a listaxe de compoñentes cos que David Alonso concorrirá ás vindeiras eleccións municipais

A asamblea local do PSdeG-PSOE do Porriño ratificou por unanimidade a candidatura socialista ás eleccións municipais de Maio de 2023. O candidato agradeceu a confianza das bases socialistas e afirmou que “hoxe poñemos en marcha un novo PSOE, un PSOE renovado e cun equipo con capacidade e compromiso social con Porriño. Unha lista que
incorpora xuventude e experiencia e un alto compromiso coa veciñanza.”

Alonso presentou a candidatura socialista á militancia onde destaca unha maior presenza femenina, con tres mulleres entre os 5 primeiros postos. Tras o candidato socialista e licenciado en Dereito, David Alonso, destacan tres mulleres; en 2º lugar a periodista e profesional sanitaria, Sthela Táboas González; en 3º lugar á docente e orientadora laboral, Celia Alonso González; en 4º lugar a profesional a emprendedora e profesional do sector comercial, Alba Romero Pereiro. O 5º lugar o ocupa o actual concelleiro socialista Sergio Casal Quintas, que foi responsable de Servizos e Medio Ambiente no anterior goberno local; o sexto lugar será ocupado polo membro da Comunidade de Montes de Torneiros, Juan Carlos Domínguez Faro; e no séptimo posto pola veciña de Atios, profesional sanitaria e técnica de farmacia, Tania Besada Domínguez.

Alonso destacou as virtudes da candidatura que presentou, da que afirmou que “é unha lista plural, paritaria e que aposta pola diversidade, a integración e a inclusión social”, na que destacou a incorporación do secretario provincial de discapacidad, Israel Mercader; ou o primeiro representante do colectivo xitano porriñés nunha candidatura socialista, David Jiménez Romero.

A lista, se completa con representantes de diferentes parroquias e colectivos, na que destacan os ex candidatos socialistas Celso Fernández Maceira ou Iván Vaqueiro, ou Carlos Díaz ex presidente do Club Porriño Industrial e concelleiro na primeira lexislatura da democracia. A lista a pecha Adoración Carrera Castro, unha das fundadoras da
Fundación Érguete, xunto con Carmen Avendaño.

A asamblea ratificou tamén o candidato socialista á Entidade Local Menor de Chenlo, Helder Gonçalvez Barreiro, unha aposta por un candidato novo para impulsar un cambio socialista tamén nesta administración supramunicipal. A candidatura socialista será presentada aos porriñeses nas seguintes semanas.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad