O exterior do Centro Cultural acollerá distintas actividades de 16 a 21 h
O exterior do Centro Cultural Municipal acollerá, de 16 a 21h o “Día da Xuventude” organizado pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e Xuventude, en colaboración co Concello do Porriño.
Os mozos e mozas participantes poderán gozar dun amplo abano de actividades como un Trivial sobre alimentación saudable, showcooking con productos locais e de tempada, actividades de lecer educativo como fútbol burbulla, futbolín humano, slackline ou tiro con arco, actividades de concienciación ambiental e violencia de xénero ou obradoiros de habilidades para a empregabilidade, todo de balde.
Tamén poderán sacar o artista que levan dentro co taller de graffiti e a creación dun mural colectivo. O broche final será musical e da man de DJ Pitty ás 20:30 h.