O 25 de marzo terá lugar a visita guiada á Cidade Europea do Viño organizada polo Concello do Porriño e dirixida a empadroados maiores de 65 anos ou pensionistas maiores de 55 anos
A concellería da Terceira Idade do Concello do Porriño, dirixida por Rosario Costas, organiza unha excursión a Cambados o vindeiro 25 de marzo para os maiores do municipio, que conta cunha partida de 2.430 €.
Os participantes disfrutarán dunha xornada con varias paradas en puntos turísticos da zona e co xantar incluído.
Deste xeito, ás 09.00 h sairán do Porriño cara Cambados -Cidade Europea do Viño- percorrendo as súas rúas, consideradas un dos conxuntos históricos mellor conservados de Galicia, destacando a praza de Fefiñáns, onde terán a ocasión de coñecer o Pazo e degustar os seus viños.
Tamén visitarán o Museo Etnográfico do Viño, para coñecer un pouco máis das características dos seus caldos e de seguido a almorzar, para pola tarde visitar as ruínas de Santa Mariña do Dozo e o Muíño de Mareas de A Seca; dándolles algo de tempo libre para disfrutar pola súa conta antes de regresar ao Porriño, arredor das 20.00 h.
Esta actividade de balde e con prazas limitadas, está dirixida a empadroados no Porriño maiores de 65, ou maiores de 55 anos que acrediten ter unha discapacidade.
A inscrición pode formalizarse ata o 22 de marzo no Rexistro do Concello do Porriño, ou a través da sede electrónica, cubríndose as 54 prazas por orde de inscrición.