Sthela Táboas 14/03/2023

Tras unha auditoría realizada en xuño do pasado ano á empresa concesionaria na que se observaron  importantes deficiencias o Concello do Porriño segue sin facer nada para corrixilos

O voceiro do PSdeG-PSOE do Porriño e candidato a Alcaldía, David Alonso, denuncia incumprimentos flagrantes do servizo de Limpeza Viaria adxudicada a empresa Urbaser; pois en xuño de 2022 aprobábase por unanimidade en Pleno Corporativo a realización dunha  auditoría sobre o servizo de limpeza viaria.

Unha vez rematada a auditoría, informase  de xeito demoledor dos incumprimentos da empresa Urbaser, dando a razón as continuas queixas da veciñanza co servicio prestado polo Concello. “Pasaron xa máis de 6 meses desde que teñen coñecemento dos mesmos e non moveron un dedo para remediar situacións intolerables que afectan aos dereitos dos seus traballadores, organización e planificación dos traballos a executar que pagan todos os porriñeses” explica David Alonso.

En termos de recursos humanos “é evidente que os traballadores necesarios para proporcionar o servizo, segundo a oferta presentada, non son os que realmente o executan” subliña o voceiro socialista; pois na actualidade “seguen sen realizarse na súa totalidade o servizo os domingos e festivos por falta de condutores e operarios, así como dos traballos de lavado e barrido mecánico por falta de condutores, tal como sinala a Auditoría de Mcbar and Beck Consulting S.L”.

A auditoría tamén alerta sobre a falta de un plan de mantemento dos colectores e das instalacións fixas, polo que Alonso aconsella ao Alcalde “que a empresa debe establecer un programa de mantemento preventivo para garantir que os equipos de limpeza estean sempre en bo estado, cousa que non está a suceder”.

O voceiro socialista aporta solucións “como a de que Urbaser forme para esas vacantes a súa plantilla, para ocupar máis funcións e maximizar a súa eficiencia. En canto á falta de condutores para o lavado e o barrido mecánico, poderíanse contratar máis condutores ou reorganizar as rutas para maximizar a eficiencia”.

A auditoría “pon o foco sobe as irregularidades que  son evidentes en canto aos datos referentes á adscrición dos traballadores do servizo do Porriño, evitando cubrir as baixas e vacacións  e rotando persoal de outros Concellos limítrofes nosa vila, donde teñen contratos adxudicados a Porriño para aforrar en custos empresariais” explican os socialistas.

David Alonso remata sublimando “vólvese amosar a connivencia do Alcalde do Porriño coas empresas adxudicatarias de contratos, sen defender os intereses dos porriñeses”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad