Sthela Táboas 28/02/2023

A vila lusa recibirá máis de 1.600 xóvenes, de entre 10 e 18 anos, de equipos de Portugal, España, Francia e Italia e xa ten confirmada a participación do Benfica, Gil Vicente, Rio Ave e Marselha

Onte foi presentado no Museu Alvarinho, o “Portugal Undercup – Torneo de Fútbol Xove”,  evento deportivo que se disputará entre 23 e 25 de junho e que contará con máis de 1.600  participantes, con idades entre os 10 e 18 anos e pertencentes a 72 clubes nacionais e internacionais.

A falla de 4 meses para que o balón comece a rodar polo Estadio Manuel Lima -no Campo Sintético do Areal- e no Parque Deportivo do Vale do Gadanha, a organización conta coa presenza de clubes de Portugal, España, Francia e Italia, estando já confirmada a participação do Benfica, Gil Vicente, Rio Ave e Marselha.

Jose Manuel, da “Portugal Undercup – Torneo de Fútbol Xove”, está convencido de que a segunda edición deste evento deportivo será um sucesso, proporcionando aos xóvenes atletas unha “competitividade saudable” con “ventaxas formativas no deportivo e de intercambio cultural”.

O Presidente da AFVC, Jorge Sárria, xunto a representantes do Desportivo de Monção, U.D. “Os Raianos”, U.D. Moreira e do rexidor monçanense, António Barbosa, subliñaron a dimensión deste acontecemento e as implicacións positivas en termos de capacitación e fortalecemento da actividade deportiva.

“Estou convencido de que será un gran evento deportivo e promocional do noso territorio” afirmou António Barbosa, realzando que “a presenza de máis de milleiro e medio de xóvenes atletas, cos seus respetivos equipos técnicos e moitos familiares, contribuirán a unha auténtica festa do fútbol xoven e dinamizador da economía local”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad