Sthela Táboas 27/02/2023

Celebrarase o vindeiro mes de marzo e abordará as reformas educativas en Portugal e España no contexto das Eurocidades

O I Congreso Internacional de Educación Tui-Valença celebrarase o venres 10 e o sábado 11 marzo na Eurocidade Tui-Valença para abordar as reformas educativas en Portugal e España. Está organizado polo grupo Atlántida e EIP-CEII, os equipos de investigación da Universidade de Porto.  Neste congreso colaboran, entre outras entidades, o Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença, a Deputación de Pontevedra, Educación 3.0 e a Xunta de Galicia.

O Congreso fixa coma obxectivos analizar os retos das dúas reformas educativas levadas a cabo en España e Portugal, abordando a aprendizaxe competencial, a avaliación por desempeños, os ODS, a inclusión DUA e a profesión docente.  Busca amais difundir o traballo que nesta liña se está a desenvolver nos dous países. Tamén persegue constituír unha rede de centros, de docentes e de servizos socioeducativos municipais no contexto das eurocidades, e tecer alianzas sobre sustentabilidade e patrimonio nesta asociación de municipios de dous países.

O venres, 10 de marzo, pola tarde a cita será no Auditorio da Escola Superior de Ciencias Empresariais de Valença e o sábado, 11 de marzo, pola mañá no Teatro Municipal de Tui no edificio Francisco Sánchez

O programa previsto comezará co acto inaugural o venres 10 ás 18.00 h no Auditorio da ESCE en Valença. Será moderado por Florencio Luengo do proxecto Atlántida e por Ariana Cosme do EIP-CIIE de Porto. No mesmo contarase coa participación dos secretarios de estado dos ministerios de Educación de Portugal e España, de representantes da Consellería de Educación da Xunta de Galicia e da Cámara Municipal de Valença e do Concello de Tui.

A

ponencia inicial titúlase “As claves internacionais das Reformas Educativas no Mundo”. Precisamente as reformas educativas centrarán esta primeira xornada incidindo nas realizadas en España e Portugal, e abordando o debate curricular sobre o perfil de saída e outras claves das mesmas.

O sábado no vestíbulo do teatro poderase visitar unha exposición de experiencias competenciais realizadas por distintos centros educativos e asociacións. Mentres nas ponencias abordaranse os desafíos e retos da profesión docente, e a sustentabilidade, inclusión e D.U.A. no cambio educativo, o perfil dixital, portfolio e ferramenta, ou a avaliación competencial. Pero tamén haberá oportunidade de coñecer a experiencia desenvolvida por centros educativos coma o CEIP nº1 e o IES San Paio de Tui, da AE de Monçao, das escolas Muralhas do Minho de Valença, de Vila Nova de Cerveira e Caminha.

A clausura será o sábado ás 19.00 h ES no Teatro Municipal tras a presentación das conclusións e perspectivas. Esta actividade vai dirixida a docentes, alumnado universitario, técnicos municipais, axentes educativos, ANPAS, sindicatos, grupos de innovación e editoriais e público en xeral que deberán formalizar a súa inscrición gratuita a través do formulario habilitado en http://www.edu.xunta.gal/centros/cfrvigo/. A asistencia ao congreso contará coa certificación e homologación do Ministerio de Educación e Formación Profesional para o profesorado, e da Universidade de Vigo para as outras persoas participantes.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad