Tras a obriga que Facenda impón de pagar as facturas que Alejandro Lorenzo leva anos paralizando, os socialistas lamentan o xeito que ten de vender e maquillar os feitos aos cidadáns
O PSdeG-PSOE do Porriño tildou hoxe ás declaracións do actual alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo sobre a débeda municipal e o pagamento de facturas, de “engano masivo aos cidadáns e cinismo político” ao afirmar que a débeda municipal reduciuse en 2 M de €, cando a realidade é que ese recorte provén da obriga de Facenda de pagar esa cuantía, por considerar as facturas totalmente válidas e da elimininación por parte de Lorenzo de un millón de euros pendentes de sentenza cos proveedores. Por moito que intente escondelo, asistimos a un auténtico “tirón de orellas” a Lorenzo por parte de Facenda, e un intento de engaño masivo de Alejandro Lorenzo.
Os socialistas destacaron a tremenda irresponsabilidade que supón borrar da contabilidade Municipal 1 M€ en facturas pendentes de xuizo, decisión que tomou Alejandro Lorenzo para realizar unha auténtica maquillaxe contable, xa que se os procesos xudiciais condenan a pagar ao Concello, terán que recollerse novamente na contabilidade outra vez.
Cinismo e engano coa débeda municipal
O voceiro e candidato socialista, David Alonso Bargiela, resposta a Alejandro Lorenzo pedíndolle “decir a verdade e non mentir aos porriñeses sobre a dédeba municipal” e lembrou que cando Alejandro Lorenzo tomou posesión como alcalde no 2022, as arcas do Concello tiñan de 13 millóns de euros. “Xa está ben de mentir sobre a débeda. Lorenzo paralizou os pagos pendentes durante anos co seu voto, sabendo que o Concello tiña fondos de sobra para pagar. Alonso lembrou que esta misma semana, a prensa recollía a noticia de que Facenda obrigaba a o concello do Porriño a contratar un préstamo de 6 M€ para pagar a facturación pendente de pago durante os últimos anos, paralizada polo PP nos plenos. O candidato socialista achacou a Lorenzo a responsabilidade absoluta do PP da débeda municipal, ao negarse a aprobar os pagos nos plenos que, sistemáticamente, bloqueou votando en contra”.
“Temos un alcalde que minte. Xa o sabemos e é unha vergoña” afirmou Alonso, que lembrou que “o propio Consello Consultivo de Galicia tildou de ‘chapuza’ a Revisión de Oficio de estas mismas facturas encargada polo Alcalde na súa auditoría. O Consello Consultivo indica claramente que hai que pagar toda a débeda pendente a proveedores e sólo pon en dúbida a facturación xudicializada pendente de sentencia. “Mentres o alcalde se adica día a día a vender fume e mentir, o Porriño segue sen Orzamentos no mes de Marzo.” Alonso recomendou a Lorenzo “deixar de mentir e porse a traballar en regularizar a débeda que él mesmo creou ao non pagar a tempo”.