Sthela Táboas 14/02/2023

Ademáis tamén se incorporou un novo funcionario de carreira como auxiliar de arquivo e biblioteca

A plantilla da Policía Local de Tui ven de ser reforzada coa incorporación de cinco axentes que veñen de completar a súa formación dun ano na Academia Galega de Seguridade. Son catro homes e unha muller, sendo a primeira vez na historia que Tui conta cunha muller coma funcionaria da Policía Local.    

Este mediodía foron recibidos na Casa do Concello polo alcalde, Enrique Cabaleiro, e polo concelleiro de Persoal e Seguridade, José Ramón Magán, que lles deron á benvida a Tui.

O concelleiro de Seguridade, José Ramón Magán, destacou coma a incorporación destes axentes supón un incremento do 50% da plantilla da Policía Local o que “permitirá prestar un mellor servizo á cidadanía e recuperar parcialmente a quenda de noite”.

Hoxe foi tamén recibido polos representantes municipais o novo funcionario, Ramón Nogueira González, que a semana pasada tomaba posesión coma funcionario de carreira no posto de auxiliar de arquivo e biblioteca municipal, tras aprobar o proceso selectivo da Oferta de Emprego Público de 2019.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad