Sthela Táboas 15/02/2023

O cartaz gañador da alumna e pregoeira, Helena Gayoso, da paso á programación que inclúe os desfiles de comparsas, o 79º Xogo da Ola, o Enterro da Sardiña e a música de Alvama Ice, Omy Cid, Broken Peach e a Orquestra América

O Concello do Porriño presentou hoxe a súa programación de Entroido organizada  dende a concellería de Festexos, que dirixe Bienvenido Estévez, xunto ao CEIP Xosé Fernández López;  xa que será unha alumna deste colexio, Helena Gayoso, de 11 anos de idade, a encargada de ler o pregón dende o balcón da casa consistorial, xunto aos seus compañeiros.

De entre os máis de 200 carteis que se presentaron ao II Concurso Escolar de Carteis -convocado dende a concellería de Educación-, o deseño inclusivo de Helena Gayoso será a imaxe do Entroido porriñés. “No meu cartel quixen reflectir a idea de que o Entroido do Porriño é para tod@s unhas festas das que podemos disfrutar todos por igual” indicou a gañadora. O xurado estivo formado polo alcalde do Porriño,  Nuria Vilanova, Juancho, Nito Pereira, Andrea González e Chelo Rodríguez.

Das diferentes categorías por idades do concurso, tamén resultaron premiados Lara Villanueva (1º Categoría de 6 a 8 anos), Julia Varela (2º Categoría de 6 a 8 anos) , Xoel Conde (3º Categoría de 6 a 8 anos), Mara Vicente (2º Categoría de 9 a 12 anos), María Delgado (3º Categoría de 9 a 12 anos), Laura Puime (1º Categoría de 13 a 16 anos), Sara Romero (2º Categoría de 13 a 16 anos) e Alicia Rodríguez (3º Categoría de 13 a 16 anos).

Nesta presentación o rexidor porriñés, Alejandro Lorenzo, sinalou que a vila congregará uns 1.400 participantes nos desfiles do sábado 18 e o martes 21, repartidos en 14 comparsas. Na programación non faltan, como cada ano, as tradicionais citas co Xogo da Ola, na súa 79 edición, e co Enterro da Sardiña, co velorio no Círculo Recreativo Cultural.

A música xoga un importante papel na programación, xa que ao remate dos desfiles chega a música, coa actuación o sábado do grupo Broken Peach; e o Dj urbano, Alvama Ice, acompañado por Omy Cid. O martes o fará a Orquestra América, na praza Arquitecto Antonio Palacios.

Os máis pequenos tamén terán momentos para eles, con Obradoiros Infantís de Entroido na praza do Concello e inchables.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad