Sthela Táboas 09/02/2023

Ademáis do acondicionamento e humanización contido neste proxecto, tamén abordaron a implantación da recollida diferenciada de materia orgánica a través do quinto contedor

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, avaliaron hoxe un proxecto municipal para o acondicionamento e humanización dun espazo verde público situado entre as rúas Pío XII, Antonio Palacios, Ramón González e avenida Domingo Bueno.

A obra consistiría na posta en valor deste espazo, de máis de 7.000 m2 de superficie, xerando novas oportunidades de uso para mellorar a calidade de vida da cidadanía. De feito, o proxecto do Concello inclúe a plantación de novas especies vexetais para dotar a contorna de máis espazos de sombra así como a instalación de novo mobiliario. A maiores, mellorarase a comunicación peonil co centro urbano da localidade, renovarase o parque infantil existente e crearase unha zona de gradas co obxectivo de poder celebrar eventos ao aire libre -concertos, conferencias, etc-.

A maiores, durante o encontro, o alcalde tamén lle trasladou á conselleira a intención do Concello de implantar a recollida diferenciada da materia orgánica contida nos residuos urbanos (FORSU) a través do quinto contedor.

Nesa liña, Ángeles Vázquez lembrou que, aínda que a xestión dos residuos domésticos é unha competencia municipal, a Xunta seguirá ao carón dos concellos para axudarlles a cumprir coas súas obrigas e cos obxectivos marcados a nivel comunitario. De feito, a Xunta decidiu apostar en 2023 por ampliar ata o 15% a bonificación do canon de Sogama a todos aqueles concellos adheridos -como é o caso do Porriño, que promovan a redución de residuos e o incremento da reciclaxe de envases lixeiros, trasladen a rebaixa ao recibo que pagan os usuarios e, como novidade, asuman o compromiso de introducir a recollida separada dos biorresiduos antes do 31 de decembro de 2023 a través do quinto cont

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad