Até o sábado 11 de febreiro o grupo Zendal promove o acceso igualitario das nenas ás carreiras STEM e en especial á carreira científica, cun percorrido histórico a través de 23 mulleres relevantes un eido da ciencia
O grupo Zendal organiza a exposición “Mujeres científicas de ayer, hoy y mañana” no Centro Cultural do Porriño, visible até o vindeiro sábado, 11 de febreiro.
A mostra fai un percorrido histórico a través de 23 mulleres que deixaron pegada no coñecemento científico e no avance médico, desde a enfermeira Isabel Zendal á galega Alicia Estévez, ou a astronauta Sara García.
Coincidindo co Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, pechará esta exposición que trata de visibilizar a necesidade de lograr acceso e participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, así coma o empoderamento da súa creatividade e intelixencia.
Salientable aposta do grupo Zendal é pola difusión, promoción e recoñecemento da investigación, a innovación e os científicos que está tamén presente noutras accións corporativas como a celebración dos seus premios Internacionais Zendal.
Precisamente nas súas primeira e segunda edicións, estes premios recaeron en científicas destacadas como María Vallet-Regí, catedrática e directora do departamento de Química Inorgánica e Bioinorgánica da Facultade de Farmacia da Universidade Complutense de Madrid; e María Blasco Marhuenda, directora do Centro Nacional de Investigacións Oncológicas –CNIO-, polas súas respectivas traxectorias en prol da ciencia e do papel da muller neste eido.