Coincidindo coa festividade de San Blas escolleuse Budiño para presentar oficialmente ao candidato socialista porriñés, arroupado por Carmela Silva, David Regades, deputados, concelleiros, alcaldes da comarca e afiliados
O PSdeG-PSOE do Porriño deu este domingo o pistoletazo de saída ás elección municipáis do Porriño cunha mostra de poder institucional e orgánico na parroquia de Budiño, aproveitando a festa de San Blas, e arroupado pola presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, o secretario xeral dos socialistas de Pontevedra, David Regades e os alcaldes de Tui e Salceda, así como deputados provincias, autonómicos e unha nutrida representación de militantes e votantes socialistas da comarca.
Entre os asistentes, Alonso tamén contou co apoio de tres históricos candidatos socialistas como os da primeira corporación democrática en 1979, Raúl Francés Valverde e Carlos Díaz, e tamén Celso Fernández Maceira e Iván Vaqueiro; aos que Alonso agradeceu o seu apoio apelando á “tradición do socialismo porriñés como un exercizo de servizo aos cidadáns”.
O concelleiro socialista, Emilio Diz Castiñeira, presentou ao candidato socialista salientando
a importancia de traballar con ilusión, honestidade e autocrítica para mellorar a vida dos porriñeses. “O Porriño precisa algo máis que un organizador de festas, precisa compromiso, xestión e sensibilidade coas persoas. Esta semana, fomos testigos, co desmantelamento do
Servizo de emprego municipal, do que representa o PP e este alcalde: cero interese polos seus veciños e cero sensibilidade social.” Alonso avanzou que se presenta ás eleccións “coas pilas postas, cun equipo renovado, capacitado e comprometido con Porriño” e cun programa “ambicioso, ben definido e á altura do que O Porriño merece”.
O candidato socialista subliñou que o seu “será un programa progresista alineado cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable de Nacións Unidas e que Terán un triple eixo: social, económico e ambiental”. E o resumiu nunha frase “hai un novo PSOE con proxecto para convencer e ilusionar a maioría social de Porriño. Do Porriño que quere avanzar”.
Alonso tivo tamén verbas para o actual alcade: “A chegada en extrañas circunstancias de Alejandro Lorenzo á alcaldía, pode resumirse nunha palabra: decepción. Un alcalde que non só non foi quen de atraer inversións, senón que desatendeu as infraestructuras, e presenta unha mala xestión económica: paraliza os pagos do Concello, consume todo o aforro neto que tiña o Concello e foi totalmente incapaz de negociar e aprobar uns orzamentos. Un alcalde ao que
só lle preocupa organizar festas, que non traballa nos asuntos importantes. O Porriño merece un goberno que deseñe un proxecto de futuro ilusionante para o noso pobo, que afronte os desafíos do noso Concello e que atenda aos problemas diarios dos porriñeses”.
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, manifestou no acto, que ten a esperanza de que O Porriño teña un alcalde socialista porque “o alcalde actual ten pouca capacidade e unha mala xestión. Inda estamos esperando que se reúna con nós para falar dos problemas e necesidades dos porriñeses. Non todo poden ser festas, hai que ter xestión e ilusionar os cidadáns cun proxecto de cidade para as persoas e a polo benestar”.
Pola súa banda, o secretario xeral dos socialistas de Pontevedra, David Regades, estivo tamén moi incisivo co actual alcalde porriñes, Alejandro Lorenzo, ao que tildou de “incapaz de pedir unha reunión para soluciona o problema do paso a nivel do Porriño que estaba moi avanzado”.
Regades presentou a David Alonso Bargiela como “o alcalde que os porriñeses merecen, porque é unha persoa comprometida, digna e todos os datos preelectoráis dos que dispoñemos, indican que a esquerda superará en votos á dereita” resumindo a súa valoración electoral afirmando que “hai partido”.
Regades rematou a sú intervención cunha mensaxe aos porriñeses: “Alonso é un candidato preparado (licenciado en Dereito), con experiencia e polo que poño a man no lume. Por outros candidatos, vistos os seus procesos xudiciais, non se pode dicir o mesmo.”
O evento tivo un intre emotivo cando os socialistas lembraron ao seu recentemente falecido secretario de organización, Tino Canabal, así coma o primeiro cabo de ano da alcaldesa socialista, Eva García de la Torre.