Xa se respira na localidade mosense a ledicia da celebración máis divertida do ano. Alcaldesa e concelleira de Cultura presentaron hoxe a programación municipal organizada para este 2023
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Cultura e Participación Cidadá, Sara Cebreiro, presentaron esta tarde a Programación do Entroido de Mos para este ano 2023.
Anunciaron que o programa de actos comezará o venres 17 de febreiro co Festival de Entroido nos exteriores do Pazo de Mos a partir das 23:00 horas coas actuacións musicais de Los Lunes al Sol, Ging Toni´s e DJ Omy Cid.
O luns 20 de febreiro celebrarase a Festa Infantil de Entroido no Multiusos das Pozas desde as 17:00 horas, contando coa Orquesta Ce Pantasma e Barafunda Animación.
DESFILE DE COMPARSAS
Será o domingo 19 de febreiro pola Avenida de Sanguiñeda. Dará comezo ás 17:00 horas e o broche final poráo o concerto do grupo Girl’s Gang.
As comparsas interesadas en participar no desfile teñen de prazo para inscribirse dende mañá mércores 1 ata o mércores día 15 de febreiro, ambos inclusive. O listado de comparsas admitidas será publicado o xoves día 16 de febreiro na web do Concello.
O desfile divídese en DÚAS seccións: GRUPOS E COMPARSAS, dentro das comparsas 2 categorías (INFANTÍS, ata 12 anos, e ADULTOS, de 13 anos en adiante). Consideraranse dunha ou doutra categoría atendendo á porcentaxe de idade que teña maior número de compoñentes, como mínimo nun 60%.
O XURADO do concurso de comparsas estará formado por: dúas persoas do mundo do Teatro e o espectáculo. Unha persoa do mundo do deseño, a confección e a moda. Unha persoa do mundo do baile. Unha persoa do mundo da perruquería e maquillaxe. Presidido pola concelleira de Cultura do Concello de Mos. Secretaria do xurado: funcionario/a do Concello de Mos, que designe a Presidenta.
PREMIOS:
GRUPOS: De 15 a 25 compoñentes por participar: 200,00 €. Premio único ao mellor grupo: 200,00 €.
COMPARSAS:
De 26 a 40 compoñentes categoría infantil por participar: 300,00€
Máis de 41 compoñentes categoría infantil por participar: 400,00€
De 26 a 40 compoñentes categoría adulto por participar: 400,00€
Máis de 41 compoñentes categoría adulto por participar: 500,00€
Premio único á mellor comparsa infantil: 500,00 €
Premio único á mellor comparsa de adultos: 500,00 €
Mención especial á mellor carroza: 300,00 €
Mención especial ao mellor vestiario: 300,00 €
Mención especial animación: 300,00 €