Sthela Táboas 01/02/2023

Será este venres 3 de febreiro ás 21:30 h e as entradas están xa á venda en tui.gal con prezos de 10 e 8 €

Chévere abre, este venres, a programación teatral para os meses de febreiro e marzo no Teatro Municipal de Tui, nunha proposta coproducida polo Centro Dramático Nacional.

N.E.V.E.R.M.O.R.E. é o título desta obra de teatro, que abre a caixa negra do Prestige e rescata a maior traxedia medioambiental de Galicia, o berro dun pobo ante a catástrofe que tece lazos coa pandemia actual.

Co desastre do Prestige como tema central do espectáculo, esta obra de Xron acode á memoria colectiva para recordar esta historia.

O elenco está conformado polos actores e actrices Miguel de Lira, Patricia Lorenzo, Borja Fernández, Mónica García, Tone Martínez e ArantzaVillar, que darán vida aos personaxes desta obra que pon o foco nese día 13 de novembro de 2002.

A obra está recomendada a partir de 14 anos e ten unha duración de 110’. As entradas están xa á venda en tui.gal aos prezos de 10 e 8 €, este último coa tarifa reducida presentando o documento acreditativo do carné xove, carné de estudante, da Biblioteca de Tui, familia numerosa, carné de discapacidade, desemprego ou xubilación e menores de 12 anos. Toda a información deste outono de teatro en Tui pódese consultar nas redes do concello e tamén na webtui.gal

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad