Sthela Táboas 13/01/2023

A campaña de branqueamento da Policía Local do Porriño pon en entredito o labor do persoal sanitario e a responsable do centro de saúde do Porriño non confirma a versión policial

Esta misma mañán, os concelleiros de EU Son Patricia Sío e J. Manuel Villa, reuníronse coa responsable do centro de saúde, Dra. Charle, “para valorar con seriedade o acontecido coas últimas asistencias urxentes a dous bebés, a falla de ambulancia e o apoio da policía local é imprescindible falar co persoal sanitario”.

A Dra. Charle aseguroulles que na noite do día 5 atendeuse no PAC a un recén nacido. Confirmou que había unha ambulancia disponible, pero non se usou porque o paciente estaba ben e non precisaba asistencia hospitalaria a maiores. O facultativo que o estabilizou informouna de que foron os axentes da Policía Local os que insistiron en levalo ao hospital no seu vehículo, cando só tiña que ir para casa. Amosou o seu malestar pola falla de rigor, por filtrarse determinados datos e porque se está a pór en dúbida o labor, os coñecementos e a reponsabilidade do persoal  do Centro de Saúde e PAC.

A directora do centro quixo deixar ben claro que “tanto neste útimo caso como no do anterior do afogamento doutra crianza, non se está a dicir a verdade sobre a gravidade dos mesmos e o papel da policía”. A doutora non afondou máis, dado o segredo profesional e a protección datos.

En relación á ambulancia, a responsable do centro médico de saúde explica “temos unha con base no Porriño (equipada debidamente) e que en caso de urxencia vital medicalízase (con persoal facultativo e enfermería) para non agardar á xa medicalizada con base en Mos”. Afirma que “as ambulancias non están asignadas aos centros e non poden ter unha fixa e medicalizada aquí parada”.

Por todo isto, EU Son “rexeita o uso oportunista que se está a facer do simple cumprimento das súas obrigas por parte dalgúns axentes da Policía Local, en connivencia co goberno municipal. A policía debe prestar auxilio, é parte do seu traballo, pero en canto os pacientes chegan ao centro de saúde, quedan baixo a responsabilidade e coidado do persoal sanitario”. Por último subliñan “Contar o que non é e cuestionar o criterio do persoal sanitario, di ben pouco de quen o fai e de quen o fomenta”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad