Sthela Táboas 13/01/2023

A baixa de tres dos seis axentes e do inspector xefe afectou directamente ao servizo nas últimas semanas

A Policía Local de Tui contará con cinco novos axentes a partir do mes de marzo, co que o número de efectivos pasará a ser de once axentes e un inspector xefe. Nas últimas semanas o servizo viuse afectado debido á baixa laboral de tres dos seis axentes con que conta actualmente o corpo, así coma a baixa do inspector xefe que continúa nestes intres.

Os cinco novos axentes obtiveron a praza na Oferta de Emprego Público de 2021 e tras a súa formación durante un ano na Academia Galega de Seguridade, incorporaranse ao seu posto de traballo en Tui nas próximas semanas.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, explica que dende o goberno local estase a traballar dende 2021 para mellorar as condicións deste corpo“non só co número de policías locais en activo, senón incluso as súas retribucións”. Así sinala a convocatoria na Oferta de Emprego Público das prazas que quedaron vacantes por xubilacións ou traslados, algo que non se levaba a cabo dende hai 20 anos, segundo o rexedor. Un dos motivos que en moitas ocasión motivaba a solicitude de traslado cara outros concellos por parte de axentes da Policía Local era a menor retribución que percibían en Tui. Esta cuestión explicaba Enrique Cabaleiro, mellorouse coa aprobación o ano pasado da nova Relación de Postos de Traballo que supón un incremento anual do complemento específico para os axentes de 4.039,98€ e do complemento de destino en 344,40 €. Mentres no caso do inspector xefe o complemento específico increméntase en 3.393,92 €, unha cifra que subirá en 1.159,34 € en cumprimento da sentencia xudicial que recoñece o paso dun nivel 22 ao nivel 24 do inspector xefe.

A carencia de efectivos para facer fronte ao servizo supliuse durante o ano pasado coa realización de horas extras por parte dos axentes, o que conlevou para o concello o pago de preto de 50.000 € por este concepto.  Afirmaba Enrique Cabaleiro que “non se nos pode reprochar, primeiro esforzo para tratar de cubrir as prazas vacantes e en segundo lugaresforzo para mellorar as condicións retributivas da policía local de Tui”.

A situación do servizo da Policía Local, tal e coma se sinalaba, estabilizarase coa incorporación dos cinco novos axentes que están rematando a súa formación na Academia Galega de Seguridade. Avanzaba tamén Enrique Cabaleiro que a intención do goberno local é seguir convocando na Oferta de Emprego Público as prazas que están vacantes, pero lembraba que estes son “procesos complexos e longos”. 

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad