Sthela Táboas 28/12/2022

Ata o 6 de xaneiro poderanse observar os Beléns repartidos tanto pola rúa coma nos comercios da Fortaleza e do casco urbano de Valença

A exposición colectiva de beléns reproduce a escena do nacemento de Xesús, con diversas instalacións artísticas en Valença.

Un dos grandes atractivos do Belén Valença Cidade é un nacemento de madeira, cunha altura media de 2,5 m, de 5 t de peso e oito figuras que representan ao neno Xesús, a Nosa Señora, a San Xosé, aos Reis Magos, o burro e a vaca, no Largo da Trapicheira, en pleno centro da cidade. As pezas están talladas en madeira de plátano a motoserra e este ano foron enriquecidas coas dúas últimas pezas, a vaca e o burro, do artista António Nunes.

Na Avenida dos Combatentes da Grande Guerra (Cristelo) unha exposición colectiva presenta 20 Beléns creados por asociacións e institucións valencianas. Este ano, por primeira vez, as instalacións artísticas dos Beléns concentráronse na principal avenida de acceso á Fortaleza, permitindo una maior visibilidade destas obras.

A exposición colectiva exténdese aos escaparates comerciais, facendo de Valença a Cidade do Belén ata o 6 de xaneiro. Nos establecementos comerciais, no interior da Fortaleza e no casco urbano de Valença, Beléns e motivos de Nadal apoderáronse de escaparates e moitas fachadas e pórticos do emblemático comercio valenciano.

Para o alcalde, José Manuel Carpinteira, “os Beléns son unha invitación irresistible para visitar, sentir e vivir a maxia deste Nadal en Valença e unha demostración da capacidade emprendedora e creativa das comunidades valencianas que, con tanto orgullo, proporcionaron estas fantásticas obras”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad