Sthela Táboas 27/12/2022

Noelia Gómez foi a creadora do primero clasificado, o segundo foi a “Tarta de queixo ao turrón” de Susana Cabaleiro e o terceiro a “Tarta de Turrón” de Rebeca Alonso

A pasada semana entregábanse os premios do I Concurso de Postres de Nadal do Concello do Porriño, do que resultou gañadora Noelia Gómez co seu “Reno Navideño” facéndolle entrega dunha tarxeta-regalo para mercar no comercio e hostalería da vila por importe de 250 €.

O segundo postre premiado foi a “Tarta de queixo ao turrón” de Susana Cabaleiro, que tamén recibíu unha tarxeta de 150 €; e o terceiro clasificado a “Tarta de turrón” de Rebeca Alonso, ao que lle correspondeu a tarxeta de 100 €.

O xurado presidido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, e composto polo presidente de AHOSPOR, José Manuel Fernández; a xerente de ACIPOR, Noelia Conde; o xerente da AE Porriño, David Sobral; da Asociación de Panadeiros do Porriño, José Manuel Fernández; e o concelleiro de Cultura, Bienvenido Estévez, elexiron entre as 6 elaboracións que se presentaron a esta primeira edición, todas elas de elevado nivel o que fixo que o podio estivera moi axustado.

Os compoñentes do xurado valoraron o sabor, a elaboración, a complexidade da receita, os ingredientes utilizados, a orixinalidade e a creatividade da presentación.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad