Cun orzamento base de 47.857,33 € sobre o exterior aplicarase un revestimento SATE e na cuberta instalarase unha albardilla de aluminio
O concelleiro de Deportes Rubén González levou ao Pleno Ordinario do xoves, para a súa aprobación, o proxecto de Intervención para a impermeabilización da cuberta e da fachada oeste do pavillón municipal.
Este proxecto ten como finalidade realizar unha primeira intervención na cuberta para arranxar as súas infiltracións de augas e evitar así a posible aparición de goteiras que impidan o normal desenvolvemento das actividades deportivas no pavillón municipal. Se retiraran os vinte lucernarios existentes para substituílos por outros e mellorar así o illamento de toda a cuberta do pavillón.
Na segunda intervención se realizarán actuacións sobre a fachada para realizar un sistema de revestimento SATE que enrasará toda a superficie de maneira uniforme para aplicar posteriormente un tratamento de morteiro acrílico que axudará a asegurar o illamento e impermeabilización da fachada. Na súa parte superior instalarase unha albardilla de aluminio que servirá para evitar as filtracións entre a estrutura de formigón do edificio e os paneis sandwich da cuberta.
Complementariamente se instalarán unha nova liña de vida permanente de 15 metros e unha escaleira vertical de uña de gato na fachada principal da instalación, que facilitarán o acceso para realizar as labores de mantemento. O orzamento base de licitación para a execución do proxecto é de 47.857,33 € (IVE incluído).
O concelleiro de Deportes, Rubén González Coto, manifestou que “este proxecto solucionará as infiltracións de auga de choiva que se poidan producir no pavillón, unha instalación deportiva municipal fundamental que ten que atoparse sempre nas mellores condicións de uso para poder prestar servizo a gran cantidade de clubs e equipos que o utilizan periodicamente para desenvolver a súa actividade deportiva”.