Sthela Táboas 27/12/2022

Lucía Álvarez e Ángeles González pasaron un mes en sendos colexios de Ottawa, o Centennial Public School e o Featherston Drive Public School, respectivamente, dentro do programa PIALE da Xunta de Galicia

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Educación, Julia Loureiro, visitaron a pasada semana no centro educativo ás mestras do CEIP Plurilingüe Pena de Francia, Lucía Álvarez González e Ángeles González Lemos, para compartir con elas en persoa a súa experiencia en Canadá no programa de Inmersión Lingüística PIALE da Xunta de Galicia.

Lucía e Ángeles partiron rumbo a Canadá o pasado 12 de outubro para participar no programa de Inmersión Lingüística PIALE.

Alí tiveron una proveitosa estancia dun mes, que agora redunda e revirte na mellor formación lingüística en inglés do seus alumnos e alumnas. As representantes municipais, Arévalo e Loureiro, expresáronlles o seu“orgullo e gratitude polo esforzo realizado para mellorar as súas competencias lingüísticas e, con elo, a mellor formación en idiomas do noso futuro: os cativos e cativas de Mos”.

Ángeles e Lucía, dúas mestras de Inglés do CEIP Plurilingüe Pena de Francia de Mos, participaron neste programa de inmersión lingüística en inglés (PIALE) na cidade de Ottawa en Canadá.

O PIALE é un Programa Integral de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras da Xunta de Galicia para a mellora da competencia lingüística e a integración no ensino e cultura dun país estranxeiro.

O 12 de outubro 45 mestres e mestras de toda Galicia partiron rumbo a Canadá, entre eles as profes de Inglés do Pena de Francia, para convivir cunha familia de fala inglesa e para aprender o funcionamento dun colexio canadense durante as 4 semanas que durou a experiencia. A mestra Lucía estivo no Centennial Public Schoole a mestra Ángeles no Featherston Drive PublicSchool.

Ademais o CEIP Pena de Francia participa noutro interesante proxecto, o eTwinning do Ministerio de Educación e Formación Profesional, que forma parte de Erasmus+, o programa da Unión Europea en materia de educación, formación, mocidade e deporte. O obxectivo é promover e facilitar o contacto, o intercambio de ideas e o traballo en colaboración entre profesorado e alumnado dos países que participan en eTwinning, a través das TIC.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad