Sthela Táboas 22/12/2022

Antía, Noa, Carolina e Eva do Club de Natación Mos fixeron un incrible esforzo e foron unhas grandísimas representantes mosenses en Lugo

Onte á tarde celebrouse no Pavillón Óscar Pereiro a recepción ás nadadoras infantís do clube natación Mos e ao seu adestrador, Alberto Pereira “Xouba”, polos resultados obtidos a fin de semana do 25, 26 e 27 de novembro no Campionato Galego.

A alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, o concelleiro de Deportes, José Areal, e demais membros da Corporación Municipal felicitáron as polo gran papel no Campionato Galego Absoluto celebrado en Lugo.Onde a pesares de ser nadadoras de categoría infantil, as representantes do Club Natación Mos estiveron entre as mellores.

Desde a directiva do clube destacan “o gran papel de Carolina Pereiro coa medalla de prata nos 200 Braza e o 5° posto nos 100 Braza e a Eva Martínez 5ª nos 50 Espalda. Sendo nadadoras que pese á súa curta idade están a despuntar entre as mellores especialistas de Galicia”. Ademais quixeron salientar “o incrible labor do adestrador, Alberto ‘Xouba’, sen o cal estes resultados non terían sido posibles”.

Antía, Noa, Carolina e Eva son as 4 nadadoras integrantes do equipo Infantil do Club Natación Mos. As 4 fixeron un incrible esforzo e foron unhas grandísimas representantes mosenses no Campionato Galego. “Estas rapazas chegarán moi lonxe” auguraron rexedora local e o edil de Deportes, Arévalo e Areal.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad