Sthela Táboas 23/12/2022

Esta familia de 6 membros carecía de posibilidades de acceder a un aluguer pola súa conta

O Goberno local das Neves vén de aprobar a cesión, por razóns excepcionais de carácter humanitario e co informe favorable dos Servizos Sociais do Concello, dunha vivenda de titularidade municipal situada na parroquia de Vide a unha familia sen recursos económicos e que non ten posibilidade algunha de acceder a un alugueiro.

Esta familia está composta por seis membros, dous adultos e catro fillos que vivían, ata hoxe, nunha situación extrema, nunha vivenda sen unas condicións mínimas de salubridade.  Así, aínda que sempre tentaron acceder a unha “vivenda normalizada”, non tiveron posibilidade de formalizar un aluguer, posto que o mesmo esixe a presentación de contrato laboral, fianza, seguro ou aval bancario, dos cales esta familia non dispoñen.

Á vista da gravidade destas circunstancias, o Concello estimou a incorporación desta familia ao ‘Programa de Vivenda Baleira’ de xeito que poidan disponer desta casa por un período máximo de 2 anos, facéndose cargo dos gastos de auga, luz, alcantarillado, lixo e o mantemento da mesma; conservándoa en bo estado, ocupándose da súa limpeza e destinala, únicamente, a residencia, onde os Servizos Sociais do Concello farán un seguimento.

Non é a primeira vez que o Goberno local atende a necesidade urxente: hai xusto un ano cedeu, de xeito inmediato, outra casa para unha familia que perdera a súa nun incendio no que, tráxicamente, falecera o pai.

Agora aténdese esta necesidade imperiosa para evitar que estes veciños sigan vivindo en “condicións infrahumanas”.

Este mesmo mércores, o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, e a concelleira de Servizos Sociais, Pilar González Casas, supervisaron o estado da casa antes de entregarlle as chaves á familia. A vivenda está completamente amoblada e dispón de electrodomésticos, calefacción e auga quente.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad