Sthela Táboas 14/12/2022

A alumna do CEIP de Rebordáns participou xunto ao alumnado de outros catro centros educativos tudenses neste 3º certame convocado polo Concello de Tui

O Concurso de Postal de Nadal 2022 convocado polo Concello de Tui xa ten gañadora. Trátase da alumna de 5º curso de Educación Primaria do CEIP de Rebordáns, Alba Míguez Martínez, que coa sua postal acadou o primeiro premio e será a que distribuirá a administración local tudense neste ano.

A responsable da Concellería de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente Solla, explica que a finalidade deste certame escolar, que por terceiro ano convoca o Concello de Tui, é fomentar a expresión artística, a creatividade e a participación activa da poboación infantil tudense nas tradicións do Nadal, procurando que os nenos e nenas do noso municipio, expresasen a través dun debuxo o significado do Nadal e a súa relación co noso Concello.

A concelleira expresa a súa satisfacción pola participación neste certame que contou con postais enviadas por alumnado do CEIP`s de Caldelas, Guillarei, Pazos de Reis, e Rebordáns así como o Colexio Santa María – Maristas Tui.

O xurado acordou conceder o segundo premio á postal presentada por Xavier Rodríguez Collazo, de 5º EP do CEIP de Guillarei; e o terceiro á tarxeta de Maia Corcobado Diéguez, de 5º EP do CEIP de Rebordáns.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad