Sthela Táboas 14/12/2022

Os interesados en participar na proba que se celebrará o 30 de decembro teñen de prazo para inscribirse ata o 27 ás 24.00 h

A carreira solidaria San Silvestre volta este Nadal ás rúas de Salceda para cumprir xa a súa décima edición.

Será o vindeiro venres 30 de decembro e comezará ás 21:30 h, con saída dende a Praza do Concello e cun percorrido de 3 km por diferentes rúas do casco urbano de Salceda de Caselas.

As persoas que desexen participar deberá realizar a súa inscrición antes do vindeiro 27 de decembro as 24:00 h. Todos e todas as inscritas contarán coa cobertura dun seguro contratado polo Concello para accidentes e lesións asociados a esta proba deportiva.

Para inscribirse as persoas interesadas deberán cubrir un formulario que poderán atopar no seguinte enlace dentro da páxina web da Escolas Deportivas Municipais https://www.deportesalceda.gal/san-silvestre-2022

A recollida de dorsais para os e as atletas participantes levarase a cabo entre as 19:00 e 21:00 h do día 30 de decembro, no hall de entrada do Auditorio Municipal de Salceda, así como a recollida de leite para o Programa de Alimentos Municipal.

Entregaranse premios para as primeiras persoas clasificadas en cada categoría e para rematar celebrarase un sorteo dun agasallo para entregar entre os e as atletas participantes que se atopen presentes na entrega de premios.

O concelleiro de Deportes Rubén González Coto, indicou que “a San Silvestre xa se ven establecendo como unha cita sinalada dentro do calendario deportivo en Salceda que xa botábamos de menos, no que a xente participa dunha forma solidaria e festiva e que agardamos se asente por moitos anos como proba deportiva senlleira na comarca”.

A alcaldesa, Verónica Tourón, engadiu que “esta carreira que se disputa nestas datas do Nadal xa constitúe unha peza fundamental da nosa programación municipal para estas festas. Unha proba na que a xente goza de poder correr polas rúas do noso pobo ao mesmo tempo que apoiamos unha causa solidaria”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad