Sthela Táboas 05/12/2022

Trátase dun campamento urbano e outro rural que se celebrarán do 23 ao 30 de decembro para os cales a inscrición poderá facerse entre este mércores  7 ao vindeiro 14

O Concello de Tui oferta dous campamentos de Nadal coincidindo coas vacacións escolares, un rural que se desenvolverá na Granxa Escola Corazón de Carballo e outro urbano, que se realizará no pavillón Gustavo Rodríguez e noutros ámbitos do municipio. Ambos de carácter gratuíto.

O obxectivo destas actividades é dobre. Por unha banda búscase facilitar a conciliación da vida laboral e familiar habilitando un servizo de coidado profesional de calidade, incorporando unha perspectiva de xénero para fomentar a igualdade de oportunidade.  Por outra bríndase unha alternativa lúdica, deportiva, e educativa a cativos e cativas.

O Campamento Rural terá lugar en horario de 08.30 a 16.30 h na Granxa Escola Corazón de Carballo, en Tomiño. Haberá servizo de autobús para o desprazamento e de comedor. Ofértanse 54 prazas para nen@s de 6 a 14 anos.

Mentres o Campamento Urbano terá lugar en horario de 09.00 a 14.00 h, o horario de entrega será dende dende as 07.45 h e o de recollida até ás 15.15 h. Terá lugar no pavillón Gustavo Rodríguez e noutros espazos naturais tudenses. Neste caso o número de prazas ofertadas é de 100 para cativ@s de 3 a 12 anos.

Os pais, nais ou titores poderán solicitar a participación do neno ou nena presentando o impreso de solicitude e a documentación requirida nas bases, dende este mércores 7 até o mércores 14 na sede electrónica do concello ou no rexistro xeral na casa do concello.

Os Campamentos de Nadal están organizados pola concellería de Igualdade, ao abeiro do Plan Municipal de Conciliación, contando co financiamento do Plan Corresponsables desenvolvido pola Xunta de Galicia, dentro da nova política pública residencia da na Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade que ten por obxecto iniciar o camiño cara á garantía do coidado como un dereito en España desde a óptica da igualdade entre mulleres e homes.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad