Sabela Landín 30/11/2022

O club Andatui comunica que o domingo 18 de decembro realizá a IX Camiñada Solidaria 2022 en favor de SOS Tomiño Baixo Miño.

Este ano a Camiñada levarémola a cabo no monte Aloia, percorrendo a muralla ciclópea. A visita será guiada e comentada polo historiador tudense Rafael Sánchez Bargiela e o arqueólogo Juanjo Perles, tamén tudense. Ámbolos dous falarannos dos datos históricos que se teñen ata o momento da muralla ciclópea, o maior asentamento fortificado de Galicia.

A visita comezarémola na capela de san Xiao, no monte Aloia, ás 10:00 h. Esta ruta/visita, de algo máis de tres quilómetros e unha duración aproximada de dúas horas, percorrerémola ao carón dos restos da antiga muralla visitando tamén os miradoiros do Celta, o do Castelo, o do enxeñeiro Areses e o da Oliva, todos eles cunhas vistas panorámicas espectaculares.

Importante, para participar só é preciso entregar 1 kg, ou máis, de alimentos non perecedoiros.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad