Sabela Landín 30/11/2022

Uxío Benítez describiu o encontro como unha oportunidade para aprender mutuamente sobre dous casos moi semellantes e situou os problemas ambientais do río Miño como o principal reto que afrontar neste momento

O director do AECT Rio Minho e deputado de Cooperación Transfronteiriza Uxío Benítez recibiu esta mañá no Parador de Tui ao Comité para o desenvolvemento da tripla fronteira do Río Uruguai – que conecta Uruguai, Arxentina e Brasil -, unha delegación de 15 persoas composta por persoal técnico e representantes de entidades locais dos tres países latinoamericanos para intercambiar experiencias sobre a xestión de fronteiras delimitadas por ríos e coñecer de primeira man o modelo de cooperación do AECT Rio Minho e os proxectos transfronteirizos desenvoltos no territorio.  No acto tamén estiveron presentes a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, o subdirector do AECT Rio Minho, Rui Pedro Teixeira Ferreira, o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, e o presidente da cámara municipal de Valença, José Manuel Carpinteira, así como unha ampla representación das alcaldías do territorio.

Uxío Benítez sinalou que se trata dunha importante oportunidade para intercambiar coñecementos entre dous casos moi semellantes: “vós sodes tres e nós dous países cunha fronteira canalizada por un río pero moitas das problemáticas que afrontamos son as mesmas”. En concreto o deputado explicou que “un gran reto que temos por diante neste neste momento é o de crear un instrumento de gobernanza que realmente xestione en común a fronteira fluvial do río Miño e o seu entorno natural”, un espazo baixo protección ambiental europea que presenta diversas problemáticas ecolóxicas derivadas en moitos casos do seu papel de liña de división entre dous países. “Dende o AECT Rio Minho aspiramos a pór de acordo a todas as institucións e administracións que teñen competencias sectoriais a nivel ambiental para  derivadas do seu rol de fronteira”, anunciou Benítez lamentando que se o río “fose español ou portugués, o Estado ao que lle correspondese xa tería investido para por en marcha un proxecto inversor de saneamento integral” .

Pola súa banda, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, lembrou que “o futuro do planeta pasa por ser capaces de poñer en relación a diferentes institucións que están traballando para conseguir que lugares tan importantes como son os ríos sexan lugares de desenvolvemento e de coidado do medio ambiente, e pasa pola suma de sinerxías entre diferentes países en torno aos ríos”. Polo tanto, esta reunión do AECT Rio Minho coa delegación do Comité para o Desenvolvemento da Conca do Río Uruguai responde segundo Silva a “ese novo modelo de ser capaces de ter proxectos comúns que permitan avanzar a través das boas prácticas que se realizan en diferentes lugares”. Ademais, a presidenta destacou que “para a Deputación de Pontevedra é un honor que o Comité para o Desenvolvemento da Conca do Río Uruguai veña visitar, traballar e coñecer como funciona o AECT Rio Minho porque iso significa que estamos a facer un bo traballo e a poñer en marcha iniciativas novidosas que espertan interese en calquera lugar do mundo”.

Intercambio de experiencias entre fronteiras hídricas

A iniciativa consiste nunha visita de estudo organizada polo AECT Rio Minho e a Asociación de Rexións Fronteirizas Europeas (ARFE) e enmárcase dentro do programa de Cooperación Triangular do proxecto Adelante2 da Unión Europea para o fortalecemento da gobernanza transfronteiriza nas concas hídricas, do que forman parte ademais a Autoridade Binacional boliviano-peruana do Lago Titicaca, o Congreso de Intendentes de Uruguai e o Comité de Desenvolvemento desa conca.

A xornada comezou con diferentes visitas institucionais ás eurocidades do territorio, que continuarán mañá martes, onde a delegación puido coñecer de primeira man os traballos de cooperación desenvoltos do territorio do Rio Minho Transfronteirizo.

Tras a recepción institucional que se celebrou no Parador de Tui, o programa continuou pola tarde coa celebración dun “Seminario eurolatinoamericano sobre desenvolvemento e gobernanza local nas concas hídricas internacionais” cuxas conclusións e acordos se publicarán mañá.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad