Sthela Táboas 29/11/2022

Será na Sala Félix Rodríguez ás 17.30 h, onde os máis cativos poderán interactuar cunha proposta lúdica de música e xogos

Hoxe martes, 29 de novembro ás 17.30 h, a Biblioteca Municipal de Tui acolle un espectáculo de música e xogos dirixido aos máis pequenos, titulado “Xogar e aprender en galego mola!” e promovido pola Secretaria Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, dentro do seu programa Falaredes 22, en colaboración co Concello de Tui.

“Xogar e aprender en galego mola!” é un espectáculo infantil de música e xogos, de Deza Music. Lecer para toda a familia con moita diversión ao tempo que se promove o uso da lingua galega entre nenas e nenos.

Este espectáculo dará comezo ás 17,30 h na Sala “Félix Rodriguez González” no Edificio “Francisco Sánchez” (antiga Área Panorámica) con entrada pola parte traseira do Edificio.

Para a concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente Solla, esta actividade enriquece a programación da Biblioteca Municipal tudense cunha aposta polo achegamento dos máis cativos ao mundo da cultura, con especial incidencia neste caso na dinamización do uso do galego entre a poboación infantil.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad