Sthela Táboas 16/11/2022

Os escaparates deberán estar preparados o 2 de decembro e aquel que reciba máis ‘me gusta’ no facebook do Concello será o gañador do certame xunto co elixido por un xurado profesional

A Concellería de Comercio do Concello de Salceda, dirixida pola propia alcaldesa Verónica Tourón, presentou xunto con ACISA -Asociación de Comerciantes e Industriais de Salceda-,  o IV Concurso de Decoración de Nadal dirixido aos establecementos da hostalería e o comercio locais.

O prazo de inscrición para o concurso remata o luns 21 de novembro; os establecementos participantes poderán inscribirse a través do formulario que poderán atopar na páxina web do concello www.salcedadecaselas.gal e nas súas redes sociais.

Os establecementos participantes deben ter preparado o seu escaparate o día 2 de decembro, día no que se acenderá oficialmente o alumeado de nadal en Salceda de Caselas.

O establecemento gañador será o que obteña máis “gústame” da veciñanza de Salceda a través do Facebook oficial do Concello, cuxos resultados serán publicados nas redes sociais.

O gañador recibirá un distintivo e obterá como premio a realización dunha reportaxe en prensa sobre o seu establecemento. O segundo e terceiro clasificados recibirán un distintivo de participación (diploma). Nesta edición tamén haberá un premio especial outorgado por un xurado profesional.

Verónica Tourón recalca o agradecemento a ACISA pola colaboración neste concurso,  “unha das actividades senlleiras dentro da programación de Nadal en Salceda e que é un recoñecemento aos establecementos que participan máis ao esforzo do comercio local para manter atractivos os escaparates dos seus establecementos, mellorando a imaxe comercial do noso municipio e animando á veciñanza a visitar os escaparates e realizar as súas compras no comercio de proximidade, que ofrece unha ampla e variada oferta de produtos e servizos” rematou a rexidora.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad