Sabela Landín 16/11/2022

O espectáculo infantil da compañía Os Náufragos, triplemente galardoada este ano, será ás 19.30h. As entradas están á venda por 4 e 3 euros en www.tui.gal

‘Hugo’, da compañía Os Náufragos é a proposta do Teatro Municipal nunha nova cita cultural de outono en Tui. Será este venres, 18 de novembro, ás 19.30h. Trátase dun espectáculo teatral infantil de 45 minutos e triplemente galardoado este ano como mellor espectáculo para a infancia nos Premios María Casares, como Espectáculo Fetén 2022 e como Espectáculo Galicia Escena Pro.

Nesta obra cóntase a historia deste rapaz diferente ao que lle gustan moito os avións e tocar o piano. Hugo é diagnosticado con TEA, trastorno do espectro autista, e recibe a visita diaria de Laia, á que lle gusta falar e as plantas. A través das súas conversas, profundízase na empatía, na necesidade de comunicarnos e na beleza da diferencia.

Dirixida por Gustavo del Río, ‘Hugo’ conta coa interpretación de María Rojas e Jimmy Núñez. Está recomendada para maiores de 4 anos. As entradas xa están á venda en tui.gal aos prezos de 4 e 3 euros e se poderán adquirir ata media hora antes do inicio da función.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad