Sthela Táboas 05/11/2022

Os horarios de ida e volta a Vigo das cinco liñas existentes nos días laborais resultan deficitarios, quedando limitados a dous traxectos para cada sentido nas fins de semana

O pasado xoves 27 de outubro no Pleno Ordinario do Concello de Salceda aprobou por unanimidade unha moción conxunta dos tres partidos que conforman a corporación municipal salcedense. Na mesma, reclaman á Xunta de Galicia que revise o contrato de explotación do transporte público, para acadar mellores horarios que satisfagan as necesidades da veciñanza. Dita moción tamén esixía que todas as modificacións nas liñas que afecten a Salceda sexan comunicadas pola empresa adxudicataria do transporte, en tempo e forma, para que non provoquen prexuízos ás persoas usuarias do transporte público.

Os últimos procesos de licitación non fixeron máis que empeorar a calidade do servizo reducindo frecuencias e eliminando liñas. A última empresa adxudicataria prestou dende os inicios un servizo deficitario, e iso a pesar de que dende o Concello se presentaron alegacións para a mellora do transporte aos centros de ensino que foron aceptadas. A reanudación do servizo despois da pandemia tampouco axudou a que mellorara a calidade do mesmo, senón que aínda empeorou máis.

A realidade do Transporte en Salceda e que se conta tan so con cinco liñas de ida a Vigo en horario matinal e catro pola tarde, de volta son dúas pola mañá e cinco pola tarde. Nas fins de semana o servizo restrínxese quedando dispoñibles dúas liñas de ida e dúas de volta diarias, o que empobrece moito a oferta de transporte público dispoñible.

Os voceiros dos tres partidos salientaron, nas súas respectivas intervencións, a importancia de recoñecer as carencias do transporte no concello, a falla de calidade no servizo e a necesidade de reclamar de forma conxunta á Xunta de Galicia e a empresa adxudicataria, melloras e solucións, co obxectivo de acadar un transporte público para Salceda que estea á altura das súas necesidades.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad