Sthela Táboas 05/11/2022

Nidia Arévalo: “Xa viñemos e volveremos a vir as veces que faga falta. Pedimos ao Goberno central que nos escoite, aquí hai moitos veciños que necesitan un acceso seguro á súa vivenda”

Ana Pastor sinala que “Mos é un concello que xera riqueza, emprego e que ten infraestruturas industriais, pero necesita mellores comunicacións”

O Partido Popular insiste “na urxencia e necesidade” de que o Goberno central inclúa nos Orzamentos Xerais para o ano 2023 a remodelación da intersección da N-550 en Pombal-Louredo, en Mos, e por iso é unha das sete emendas deste concello que os deputados nacionais rexistraron no Congreso.

A alcaldesa Nidia Arévalo, que esta mañá se reuniu cos veciños desta parroquia acompañada polos deputados nacionais Ana Pastor, JavierBas e Diego Gago, dixo que “xa viñemos e volveremos a vir as veces que faga falta. Pedimos ao Goberno central que nos escoite, aquí hai moitos veciños que necesitan un acceso seguroá súa vivenda”. Subliña que a metade da parroquia de Louredo non ten forma de acceder de forma segura ás súas vivendas, “miles de vehículos circulan diariamente por esta estrada, é unha das máis transitadas da provincia”.

Recorda que cando o PP gobernaba España, “tiñamos un proxecto e parecía que todo estaba encamiñado para dar unha solución, e desde o ano 2019 co Goberno socialista todo quedou no conxelador. Pasaron catro anos, e os orzamentos siguen sen incluír un compromiso serio con estes veciños”.

Tamén Ana Pastor insistiu en que “desde o PP seguiremos reivindicando no Congreso este proxecto, porque aquí hai unha necesidade urxentísima e necesaria. Sabemos que Sánchez non sabe nin onde está Louredo nin onde está Mos, pero nós si, e por iso seguimos insistindo unha e outra vez, e as veces que fagan falta”.

Explicou que o Partido Popular “xa deixou elaborado o proxecto, e polo tanto non hai máis excusas. Só fai falta vontade política e que deixen de enganar aos veciños”. Por iso, di que estarán pendentes do que votan nestas emendas os deputados do PSOE e do BNG desta provincia.

Outras emendas de Mos

Ademais da remodelación da intersección da N-550 en Pombal-Louredo, para o Concello de Mos os deputados populares rexistraron outras seis emendas, “froito da colaboración e coordinación coa alcaldesa e cos concelleiros, que son os que mellor coñecen as necesidades dos veciños e urxencias deste concello”, explicou Pastor.Puxo en valor que “Mos é un concello que xera riqueza, emprego e que ten infraestruturas industriais, pero necesita mellores comunicacións”.

Por iso, en coordinación con Nidia Arévalo seguirán traballando e esixindo que se elimine a peaxe no Porriño, “unha alternativa rápida e inmediata para que deixe de haber sinistros”, sinalou a alcaldesa, que pediu que atendan o mantemento da autovía, que está nun estado lamentable. “A autovía non pode parchearse, necesita dunha reforma integral”, engadiron.

Outra das emendas que os populares rexistraron para este concello inclúen a implantación de medidas contra o ruído na A-52 e A-55 ao seu paso por Sanguiñeda; a construción dun enlace na A55 no Polígono Industrial da Veigadaña; construción da rotonda na confluencia da AP-9, A-55 e N120; humanización da N-550 e construción dunha rotonda na N-120 ao seu paso por Tameiga.

Máis de cen emendas para a provincia

Os deputados nacionais rexistraron máis de cen emendas da provincia aos Orzamentos Xerais do Estado para 2023, que ascenden a 331 millóns de euros. Unhas emendas que son froito do traballo e da colaboración permanente cos concellos, o que permite “trasladar a Madrid os proxectos e as necesidades reais da provincia, ante uns orzamentos que teñen grandes carencias para Pontevedra”. Recordan que os orzamentos máis expansivos conxelan as partidas que destinan para Galicia, “uns orzamentos para esta provincia desoladores e cun porcentaxe de execución que, neste ano 2022, foi do 28% en Galicia. Ademais de ter malos orzamentos, non executan”, denuncian.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad