Trátase das obras de conexión á rede de saneamento do Picouzo na parroquia de Budiño, que o pasado ano licitara o anterior concelleiro de Vías e Obras e que agardaban do permiso da Xunta de Galicia
A concellería de Vías e Obras, que dirixe Ramón Porto, volta licitar o proxecto de saneamento para o núcleo de Picouzo na parroquia de Budiño que, tal como xa anunciara en xuño do 2021 o anterior goberno local, permitirá conectar á rede 29 vivendas e o colexio de Budiño.
O proxecto xa contempla o pasado ano a conexión da zona coa rede xeral de abastecemento e saneamento con catro grandes colectores de 542, 404, 370 e 1.010 m máis colectores de sección de tramos, sumando preto de 2 km máis de tuberías.
Esta actuación quedou pendente da correspondente autorización da Xunta de Galicia para acadar o informe favorable autorizando a súa execución, que segundo indicaba Pedro Pereira naquel entonces, era “moi importante para poder executar todos os colectores proxectados por gravidade e así evitar estacións de bombeo”.
A obra conta cun orzamento base de 347.953,20 € (352.972 € co IVE incluído) e o novo prazo para a presentación de ofertas remata o 21 de novembro, cun prazo de execución de 3 meses dende a súa adxudicación.