Sthela Táboas 22/10/2022

No deseño deste novo logotipo está proxectada a historia de Valença representada en tres elementos que identifican da vila lusa: a Fortaleza, o río Miño e a Ponte do Centenario Internacional

O Concello de Valença presentou a nova imaxe institucional que, dende agora, aplicarase a todas as formas de comunicación interna e externa do Concello nos vindeiros meses.

O novo logotipo pon en valor o patrimonio histórico resaltando tres enclaves característicos da vila, simbolizados na garda do noso ex-libris, a Fortaleza de Valença; a natureza e o río Miño, simbolizados nas ondas dos gráficos; a Ponte do Centenario Internacional, o protagonista das relacións transfronteirizas, representada polos diamantes da estrutura metálica e os arcos laterais de pedra. Estes elementos clave destacan no logotipo que pretende levar marcas como Fortaleza, a Ponte do Centenario Internacional, São Teotónio, o río Miño, a natureza, o comercio, a gastronomía, a multiculturalidade que achegan os Camiños de Santiago, a cultura transfronteiriza e o patrimonio construido da comarca.

O alcalde de Valença, José Manuel Carpinteira, explicou que “a partir destes conceptos recollemos a identidade de Valença nun logotipo e plasmamos a identidade de Valença nun slogan. Valença é unha cidade cun potencial único e cunha identidade propia cultivada pola valentía da súa xente, polo patrimonio e a grandeza histórica, pola riqueza da súa cultura, costumes e tradicións. A nova marca leva e recompilación de séculos de historia e lembranzas, pero pretende presentarse máis competitiva, innovadora e atractiva”.

A imaxe proxecta unha historia forxada coa valentía e a constancia do pobo valenciano que o Municipio quere exaltar para apelar ao orgullo dos valencianos. É con este orgullo polas súas raíces valencianas que o Concello quere amosar o seu novo logotipo.

O deseño deste logotipo vai moito máis alá do símbolo e slogan que o compoñen, formando parte da estratexia de posicionamento do Concello de Valença nas súas relacións institucionais, na comunicación exterior e na proxección turística nacional e internacional.

A nova imaxe institucional do Concello de Valença aplicarase, a partir de agora, durante os próximos meses a todas as formas de comunicación interna e externa do Concello.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad