Será o domingo 6 de novembro e conta cun total de 25 km o traxecto longo e 12 km para o curto. O menú da churrascada ten un prezo de 15 € e de 12 € para socios
O domingo 6 de novembro o Centro Cultural Casal-Chan de Budiño, tras a boa acollida da primeira edición, organiza a súa II Andaina + Churrascada para toda a veciñanza que queira pasar unha xornada que reúne saude, deporte e diversión.
Pódense realizar as dúas actividades ou unha soa, sendo o prezo da andaina de 8 € e que conta con dous percorridos; un traxecto largo de 25 km (3 aprovisionamentos) con saída ás 09.00 h, e o corto de 12 km (1 aprovisionamento) con saída ás 09.30 h. Ambos traxectos transcurren polas parroquias porriñesas de Budiño e Atios, subindo ao Faro O punto de partida e chegada será na sede da organizadora, o Centro Cultural Casal-Chan de Budiño.
Unha vez rematada a andaina, os que reservaron o menú previa inscrición, poderán degustar por 12 € os socios e por 15 € os que non o son: churrasco, panceta, criollo, ensalada, postre, café e bebida.
As persoas interesadas en participar tanto na andaina como na churrascada, poden inscribirse antes do 4 de novembro chamando aos números de teléfono 647 071 714 ou 605 086 018.