A Axencia Turismo de Galicia subvenciona este mural con 10.000 € da Liña de Axudas para actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño de Santiago
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, xunto ao tenente alcalde mosense, Camilo Augusto; a concelleira de Cultura e Turismo de Mos, Sara Cebreiro; e os representantes da Comunidade de Montes de Mos, Manuel Castro e a secretaria, Vanesa Ferreira, visitaron a pasada semana o mural xa rematado da artista DoaOa, para o que a CMVMC Salgueirón Mos recibiu una axuda autonómica de 10.000 €.
A colaboración da Xunta de Galicia con este fermoso proxecto enmárcase na Liña de Axudas para actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño de Santiago, ofertadas pola Axencia Turismo de Galicia para este ano 2022.
O proxecto de mural no antigo depósito da depuradora inhabilitada, da granxa de gando vacún e avícola preexistente, que agora se atopa integrado no novo xardín do Pazo, tiña como obxectivo o embelecemento, e integración na contorna natural do muro da estructura.
O deseño consta de elementos vexetais, florais e de cultivos agrícolas, en homenaxe á simboloxía do municipio e da parroquia de Mos. As rosas: por ser Mos o Concello da Rosa, flor omnipresente na heráldica local (escudo, bandeira e himno) xa desde o Marquesado de Quirós e o seu escudo coa Rosa de Quirós.
A intervención de arte mural procura facer una homenaxe simbólica da historia do Pazo de Mos e de como ao longo dos tempos foi cambiando de propietarios ata agora, que na actualidade é do pobo de Mos. Tal como ilustra a frase de Daniel Castelao “As casas dos señores van ás mans dos labradores” nunha das súas viñetas que fala da abolición dos foros. A composición feita coa representación sintética de dous elementos: a rosa de Mos e a espiga de trigo, son símbolos do reflexo dunha interpretación feita da loita dos Irmandiños, a pesar de que os pazos son após das torres e castelos, a economía de rendas perpetuose ata ben entrado o século XX en Galicia a través dos maiorazgos. No subsconsciente do escritor e intelectual Manuel María, podemos ver no seu poema, hoxe cantiga, “O pobo fixo novas sementeiras e xunto ao trigo floreceu a rosa”.
Historia e modernidade dánse a man neste fermoso mural de DoaOa.