Sabela Landín 26/09/2022
  • A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na presentación do concerto que terá lugar neste concello pontevedrés o vindeiro 7 outubro
  • Nava Castro incidiu en que a través deste tipo de iniciativas, Galicia convértese nun importante reclamo para os turistas que se achegan á nosa terra grazas a unha oferta turística diferenciada e de calidade.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente alcalde mosense, Camilo Augusto, a concelleira de Cultura e Turismo de Mos, Nidia Arévalo, e os integrantes da Comisión de Festas do Cristo da Esperanza, encabezados polo seu presidente, César Muíños Pumar, presentaron hoxe o concerto de The Soul Jacket que terá lugar no Parque da Pesqueira, na parroquia de Mos, o vindeiro venres 7 de outubro, no marco dos concertos do Xacobeo.

A directora de Turismo de Galicia puxo en valor o evento, incidindo en que a través deste tipo de iniciativas, Galicia convértese nun importante reclamo para os turistas que se achegan á nosa terra grazas a unha oferta turística diferenciada e de calidade.

Ademais, neste caso, cunha banda galega que naceu entre Vigo e Nigrán (Pontevedra) no ano 2004, o que indica a mostra da gran variedade de espectáculos tanto nacionais, como internacionais e galegos, que se están levando a cabo ao abeiro do Xacobeo. “Dende a Xunta de Galicia tiñamos moi claro que un dos nosos eixes de actuación deste Xacobeo sería o de achegar a cultura á xente”, indicou a directora de Turismo de Galicia.

“Este concerto é un perfecto exemplo desta singularidade de Galicia que nos está a axudar a ser cada vez máis atractivos para os viaxeiros.  Así, estamos a vivir un Xacobeo sen igual, no que estamos a revivir non soamente o ocio, senón todos os sectores da nosa economía en todo o territorio galego”, destacou Nava Castro.

Mediante o apoio deste tipo de iniciativas, a Xunta de Galicia segue apostando pola diversificación e a desestacionalización da celebración deste Xacobeo 21-22, repartindo eventos ao longo de todo o ano con todo tipo de actos orientados a diferentes públicos para que a oferta cultural chegue a todas as partes do territorio.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad