Sthela Táboas 14/09/2022

A declaración como Entorno Residencial de Rehabilitación Programada permitiría á veciñanza optar a axudas para obras de mellora como cambio de cuberta, fachadas, renovación de ventás ou retirada de elementos de amianto; información que o actual Goberno xa coñecía de antemán, cando o PP  votou en contra do Decreto dos Fondos Next Generation da Unión Europea á que agora se opta, logo de ser aprobado finalmente por un só voto

O Goberno Municipal do Porriño leva mañá a pleno a declaración dos polígonos residenciais de Torneiros como “Entorno Residencial de Rehabilitación Programada”, que permitiría á veciñanza o acceso ao programa de axudas para actuacións de rehabilitación a nivel de barrio, financiadas con Fondos da Unión Europea Next Generation EU.

O ERRP contempla 124.560 m2 en total dos 50 bloques de edificios plantexados -15 na Fase I, 7 na Fase II, 23 na Fase III, 4 na Fase IV e 1 na Fase V- máis viais e espazos libres do redor; podendo optar estes vecinos a 22,9 M€ para barrios, 22,9 M€ totais para edificios e 13,5 M€ para vivenda.

Nas vivendas as axudas poden acadar o 40% do investimento, cun máximo de 3.000 euros. As actuacións subvencionables inclúen a mellora ou rehabilitación do inmoble que deberá obter un aforro enerxético polo menos do 7%, unha reducción no consumo de Enerxía primaria non renovable do 30% ou adecuar aos requisitos do CTE os elementos da envolvente.

Nos edificios, os beneficiarios serán particulares ou Comunidades de Propietarios, con axudas de ata o 80% do custo, cun máximo de 18.800 € por edificio, que se incrementa en 12.000 € máis en caso de retirada de elementos con amianto.  As actuacións están dirixidas á mellora ou rehabilitación (do edificio ou de vivenda no mesmo), sobre todo as tocantes á cuberta ou fachada e, en calquera caso, deberán conseguir unha reducción do consumo de enerxía primaria non renovable do 30% , ademáis dunha reducción da demanda enerxética anual global da calefacción e refrixeración da vivenda ou edificio do 25% ou 35%. No caso de persoas en situación de vulnerabilidade económica a axuda pode acadar o 100%.

O Partido Popular rexeitou no Congreso, a principios deste ano, o Decreto de Fondos Europeos, que de non ter sido aprobado finalmente por un só voto, suporía un golpe durísimo non só para o Goberno Central, se non para a imaxe de España, que se atopaba en plena negociación con Bruselas.

Unha vez aprobado, o PP reuníu unha delegación de alcaldes do PP para advertir a Bruselas do mal reparto que se estaba a facer dos fondos en España, destacando que a mellor parte a levaban territorios gobernados polo PSOE. Pero non obtiveron o impacto agardado, xa que tanto a Comisión coma os gobernos dos 27 países da UE concluíron que España cumprira co prometido, dándolle luz verde ao desembolso de 10.000 millóns de euros.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad