Sabela Landín 13/09/2022

Especialmente as visitas nocturna e teatralizadas contaron con grande asistencia.

Onte, domingo 11 de setembro, finalizou en Tui o amplo programa de actividades organizado polo Concello tudense para á celebración da Xornadas Europea da Cultura Xudía, con actividades entre o 1 e o 11 de setembro. Arredor de seiscentas persoas teñen asistido a esta programación ao longo destas xornadas destacando a presenza de arredor de 150 participantes tanto na visita nocturna, á luz das candeas, celebrada o venres 2 de setembro coma á visita teatralizada desenvolvida polo conxunto histórico tudense onte, domingo 11 de setembro que foi adiada do anterior domingo debido as previsións meteorolóxicas.

Tamén contou cun número amplo de asistentes, arredor do centenar de persoas, o concerto titulado “Melodías sefardís de sempre” que correu a cargo da cantante e arpista portuguesa, Helena Madeira, que deleitou ao público coa súa potente voz e as canción populares e de orixe sefardí interpretadas na igrexa de San Domingos, onde finalmente tivo lugar o concerto en lugar da Praza do Pracer debido as condición meteorolóxicas.

Tamén estiveron concorridas tanto á presentación da exposición “As familias criptoxudías, entre a diáspora e a asimilación: os Coronel” a cargo do comisario da mesma, o historiador Suso Vila celebrada o xoves 1 de setembro, como a posterior mesa redonda titulada “Anticipando o IV centenario de Francisco Sánchez” na que participaron o xa referido Suso Vila xunto a Rafael Sánchez Bargiela e o médico Rosendo Bugarín González. Igualmente cerca de cincuenta persoas asistiron á conferencia do investigador Elyjah Byrzdett que realizou unha achega xenérica á cultura xudía de grande interese.

Completou a programación as “Xornadas gastronómicas sefardís” onde tanto o Parador de Turismo como o Gastrobar “O trisco do Miño” ofreceron diversas receitas arredor do bacallau. E finalmente a cidade irmá de Valença acolle unha exposición titulada “Diálogos” preparada pola Biblioteca Nacional de Israel e a Red de Juderías de España, que está ao longo do mes de setembro no Paiol de Marte no centro histórico valenciano.

Para o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, resulta unha satisfacción comprobar o interese suscitado pola programación da Xornada Europea da Cultura Xudía tanto entre os veciños de Tui como en numerosos visitantes, que en alto número, se achegaron a Tui para asistir a algún destes eventos. Para o rexedor tudense esta programación contribúe moi positivamente á difusión e valorización do patrimonio cultural da nosa cidade onde o legado xudeu posúe especial relevancia.

A integración de Tui na Red de Juderias de España – Caminos de Sefarad no ano 2019 ten contribuído moi positivamente á difusión  do acervo patrimonial tudense, tanto o ligado á presenza de comunidades xudías como criptoxudías na nosa cidade como o amplo conxunto histórico que atesoura Tui. Integración que queda simbolizada coa placa de bronce descuberta na facha da Casa Consistorial co logotipo desta Red de Juderías e que identifica a Tui como membro desta asociación de municipios.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad